El cielo no entiende
«El cielo no entiende» | |||||
---|---|---|---|---|---|
sinxelo de OBK | |||||
do álbum Antropop | |||||
Lanzamento | 2000 | ||||
Formato | |||||
Gravada | 2000 | ||||
Xénero musical | Pop | ||||
Lingua(s) | Castelán | ||||
Duración | 3:49 | ||||
Discográfica | Hispavox | ||||
Produtor(es) | |||||
Escritor(es) | |||||
Cronoloxía | |||||
| |||||
Miscelanea | {{{miscelanea}}} |
El cielo no entiende é unha canción do dúo musical español OBK, incluída no seu álbum de estudio Antropop.
Descrición
[editar | editar a fonte]Entendida polos seus autores como unha expresión de liberdade, tolerancia e respecto cara aos demais,[1] a canción relata as dificultades dunha relación sentimental entre persoas do mesmo sexo.[2]
A canción tomouse como banda sonora da emisión en televisión da Volta ciclista a España 2000,[3] e foi número 1 de Los 40 Principales a semana do 9 de setembro dese mesmo ano.
Conta cunha versión tecno remesturada de 4:40 minutos e outra de 8:15, ambas as dúas incluídas no álbum Extrapop (2001).
A canción foi versionada pola presentadora de televisión Verónica Mengod no programa Telepasión española emitido o 24 de decembro de 2000 e polo humorista Raúl Pérez no espazo Tu cara me suena en 2018.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Mundo, ed. (27 de setembro de 2005). "Encuentros digitales" (en castelán).
- ↑ "LGTB: Los hits del Orgullo que han desterrado (por fin) a 'Despacito' de los bares". AS.com (en español). 26 de xuño de 2017. Consultado o 4 de marzo de 2019.
- ↑ Diario ABC, ed. (17 de xuño de 2000). "OBK: Canciones pop vestidas con sintetizadores" (en castelán).